Javi Mos será o encargado de inaugurar o Coruña Bloggers do 27 de mayo.
Ía para físico e quedou cun grande físico. Tras descubrir a internet dirixiu a súa actividade profesional ao ámbito das comunicacións en liña.
Traballa optimizando campañas SEM con Google Adwords, creando páxinas web e complementándoas con estratexias que axuden ao posicionamento orgánico.
Estamos afeitos a ver como as operativas de moitas marcas na internet seguen unhas pautas bastante semellantes baseadas na planificación de campañas e o manexo de orzamentos en publicidade, pero existen fórmulas que poden rachar eses esquemas. Por iso, é interesante explorar estes sendeiros da man de quen os percorreu con éxito nos últimos meses.
Na súa ponencia «Pintando a mona nas redes sociais» falará de como romper os esquemas tradicionais de promoción e publicidade nas RRSS. Claro exemplo é o traballo que realiza administrando as redes sociales no Land Rober Tunai Show.